Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Xaneiro 2017 nº39
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamenteo do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
26/01/17 A Coruña no Mundo: Bolsas Junior Year 2016-17
Publicado o listado de solictudes presentadas ao programa "Bolsas Junior Year 2016-17" baremadas e ordenadas por puntuación.

LER MÁIS...

23/01/17 XXVIII Mostra de teatro escolar
Desde o luns 23 de xaneiro ata o 3 de febreiro estará aberta a aplicación da Mostra de teatro escolar para os grupos participantes

LER MÁIS...

13/01/17 Bolsas Europa FP. ACOREUROPA V
Publícanse as listaxes provisionais das persoas seleccionadas e de agarda para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA V, organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados.

LER MÁIS...

11/01/17 Coruña de aventura. Visitas Escolares. Xa se pode consultar o calendario para programa "Visitas Escolares" para o día de hoxe e mañá.
11/01/17 Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil-Tablet 2017. Aberto o prazo de inscrición ata o 14 de marzo!
ACTUALIDADE
30/01/17 Programa de "inmersión lingüística"
Este programa vai dirixido a alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º de ESO e levarase a cabo durante a primavera de 2017

LER MÁIS...

27/01/17 Axudas ao alumnado universitario para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea
Convócanse 150 axudas para estadías nalgún Estado da Unión Europea durante o verán de 2017 para alumnado universitario matriculado no curso 2016/17

LER MÁIS...

18/01/17 Axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego
Convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios

LER MÁIS...

30/01/17 Talleres infantís de entroido no MAC
18/01/17 Exposicións itinerantes do CEIDA a disposición de todos os centros educativos, universidades, concellos, outras institucións ou colectivos interesados

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educactiva do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos srán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educacativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscripción, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa"


O noso patio

Sabías que...?

...O Noso Patio é un proceso participativo posto en marcha co obxectivo de repensar colectivamente os patios do recinto e os accesos do CEIP Sanjurjo de Carricarte e podería levarse a cabo en máis centros?

...O proceso implica a toda a comunidade, desde as familias, o persoal non docente e o profesorado até os propios nenos e nenas?

...xa foi entregado ao alcalde a maqueta resultante de todos os traballos desenvolvidos na comunidade, recollendo así os desexos do conxunto do colexio para a transformación dos seus patios?

Ligazóns