Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Novembro 2017 nº47
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamento do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
06/11/17 O día 24, reunión informativa sobre o Junior Year
Os/as estudantes do concello da Coruña que estean cursando 4.º da ESO e que estean en condicións de cursar 1.º de bacharelato durante o vindeiro ano poden optar ás 60 bolsas que concedemos para ir aos EE. UU. O venres 24 ás 19.00 h falaremos disto no CCM Os Mallos.

LER MÁIS...

30/10/17 Presenta propostas ao programa “Ao meu xeito!”
Con esta iniciativa queremos favorecer a participación e o autogoberno dos centros educativos públicos da cidade. Deseñade as vosas propostas e optade ao asesoramento e soporte económico do Concello.

LER MÁIS...

30/10/17 Certame de Monólogos Cómicos en Lingua Galega
A inscrición neste concurso dirixido aos centros docentes do Concello da Coruña con alumnado de ESO, bacharelato e FP poderá realizarse do 2 ao 17 de novembro.

LER MÁIS...

08/11/17 Dispoñible o calendario de novembro de Educa Saúde. Xa podedes consultar no apartado de Educa Saúde da web o pdf coa información das sesións para familias que se celebrarán durante este mes nos distintos centros participantes.
24/10/17 A Coruña Linguas: Listen and Speak en Primaria. Están dispoñibles as listaxes actualizadas de Listen and Speak. A ficha de solicitude segue aberta para completar grupos e conseguir formar outros nos que aínda non alcanzaron o mínimo.
24/10/17 A Coruña Linguas: Idiomas en Secundaria. Están dispoñibles as listaxes actualizadas de Idiomas en Secundaria. A ficha de solicitude segue aberta para completar grupos e conseguir formar outros nos que aínda non alcanzaron o mínimo.
04/10/17 Idiomas do Mundo 2017: Exame DIPLE de portugués. As persoas participantes no programa Idiomas do Mundo 2017 en Lisboa foron inscritas para realizar a proba oficial de portugués o mércores 29 de novembro no Instituto Camoes de Vigo.
ACTUALIDADE
13/11/17 Axudas para a atención do alumnado con necesidades de apoio educativo
Os centros privados concertados xa poden tramitar a solicitude das axudas da Consellería para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

LER MÁIS...

13/11/17 InquEDU: Falemos de Educación
Esta xornada de innovación educativa, organizada pola Consellería e a Fundación Galicia Sustentable, terá lugar o 1 de decembro no Gaiás. A inscrición está aberta ata o 28 de novembro.

LER MÁIS...

09/11/17 Aberta a participación no programa Explorer “Jóvenes con ideas”
Impulsado polo Banco Santander e dirixido a mozos e mozas de 18 a 31 anos, conta con 80 prazas na Universidade da Coruña.

LER MÁIS...


A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educativa do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscrición, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa".


Volta ao cole!

Sabías que...

... xa podedes participar no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2018 que organiza Política Lingüística?

... hai 900 prazas para asistir do 11 ao 13 de decembro ao I Congreso de Educación Física, Neuromotricidade e Aprendizaxe que impulsa o Ministerio?

... a Fundación María José Jove convocou o V Concurso Anual de Creatividade Escolar, que está dirixido ao alumnado dos centros educativos que visiten a súa colección de arte?

Ligazóns