Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Novembro 2016 nº37
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamenteo do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
02/11/16 Bolsas Europa FP. Acoreuropa V
O Concello da Coruña abre do 7 ao 30 de novembro o prazo para a inscrición do programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa V cara a adxudicación de 10 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia e Portugal.

LER MÁIS...

02/11/16 V Certame de monólogos cómicos en lingua galega
Ábrese do 2 ao 30 de novembro a convocatoria do 'V Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2016', para o alumnado de ESO, bacharelato e FP da Coruña.

LER MÁIS...

18/10/16 O pleno infantil levarase a cabo na semana do 20 de novembro
O Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido polo Alcalde, nel conmemorarase o Día dos Dereitos da Infancia

LER MÁIS...

25/10/16 O programa Educasaúde comezou durará ata o 20 de decembro. Participarán os centros Alborada, Emilia Pardo Bazán, Prácticas, Raquel Camacho, Sagrada Familia, Salgado, Wenceslao Fernández Flórez e as Escolas Infantís dos Rosales, Carmen Cervigón e Agra do Orzán.
25/10/16 Publicadas as listaxes definitivas. Segue aberta a Ficha de Listen and Speak e a Ficha de Idiomas en Secundaria ata completar prazas.
07/11/16 Programa educativo municipal "A coruña no mundo: bolsas de estudos Junior Year 2017-2018. 1º de bacharelato en EE.UU."
ACTUALIDADE
31/10/16 Letras Galegas 2017
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o concurso exposición dirixida a todos os centros docentes de ensino público non universitario.

LER MÁIS...

31/10/16 Formación do profesorado de FP
Convocatoria de proxectos de formación para o curso 2016-2017 para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de FP en centros públicos

LER MÁIS...

31/10/16 Programa eduemprende Actúa 2016-2017
Este programa ten como obxectivo fomentar a cultura emprendedora nos centros educativos. Está dirixido a alumnado de ciclos formativos e de bacharelato que cursen Economía.

LER MÁIS...

31/10/16 Teléfono contra o acoso escolar: 900 018 018
O secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, ven de presentar o teléfono para víctimas de acoso escolar. Está operativo desde o 1 de novembro.

LER MÁIS...

07/11/16 III concurso de guións contra a violencia de xénero 2016 da Deputación da Coruña
28/10/16 A exposición 'A contaminación luminosa depende de nós' da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío poderase ver no Fórum ata o 23 de decembro
04/10/16 Un ano máis a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) organiza o VII Certame 'Curtas para Rosalía', ao que poderán optar traballos rodados en calquera sistema de gravación.
04/11/16 O centro Ágora acollerá entre o 9 e o 11 de novembro tres xornadas sobre comunicación dixital dirixidadas a público xuvenil. A incrición estará aberta entre os días 2 e 7 na web do CMIX e a entrada será de balde.

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educactiva do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos srán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educacativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscripción, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa"


Novas da cidade

Sabías que...?

... ata o domingo, 13 de novembro, co gallo da celebración da Semana da Ciencia, as entradas para os Museos Científicos Coruñeses serán gratuítas?

... ata o 27 de novembro podes visitar a exposición 'Mar de Mares', que che transmitirá unha mirada máis profunda e un compromiso máis forte co mar de Galicia?

... o Concello abriu o prazo de inscrición do programa formativo 'A Voltas', dirixido á mocidade con proxectos culturais emerxentes?

Ligazóns