Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Marzo 2018 nº49
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamento do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
21/03/18 O martes 3 de abril iníciase o programa de itinerarios, que se desenvolverá até o mes de xuño
A planificación diaria estará dispoñible na seguinte ligazón: http://extensiones.edu.coruna.es/itinerarios/calendario.php

LER MÁIS...

19/03/18 Enviado aos centros educativos o calendario definitivo das Rutas Urbanas Animadas
Os centros educativos dispoñen ata o venres 23 de marzo de 2018 de para realizar o pagamento da cota, segundo o calendario definitivo remitido polo SME coas rutas adxudicadas, as datas, os horarios, o servizo de transporte e as cotas.

LER MÁIS...

15/03/18 A admisión na Rede de Escolas Infantís Municipais arranca o 3 de abril para renovación de prazas e o 17 de abril para novas solicitudes
As nove escolas infantís da rede contarán con xornadas de portas abertas para que as familias poidan coñecer os centros nos que queren solicitar praza.

LER MÁIS...

06/03/18 O programa Educa Saúde desenvólvese do 12 de marzo ao 15 de maio en seis centros educativos da cidade. Ao longo de tres meses haberá 139 charlas para nenos e nenas e 12 para pais e nais.
05/03/18 Aberto ata o 28 de marzo o prazo de inscrición ao programa Idiomas do Mundo 2018. Ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística.
01/03/18 Conferencia na EIM A Caracola sobre "A importancia da memoria emocional temperá". Impártea a psicóloga e experta en benestar emocional Isabel Fuster, o 23 de marzo de 17:00 a 19:30 h.
ACTUALIDADE
20/03/18 Convocados os premios extraordinarios de bacharelato
Son 20 premios dotados de 1.000 € cada un. A convocatoria diríxese a alumnado que finalice bacharelato en Galicia este curso 2017-2018, cunha nota media igual ou superior a 8,75.

LER MÁIS...

16/03/18 I Concurso de carteis sobre a doazón e os transplantes
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura e Educación convocan este certame dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO. Aberto ata o 24 de abril.

LER MÁIS...

09/03/18 Concurso de viñetas para conmemorar o 8 de Marzo
A Deputación da Coruña convoca este certame dirixido a nenos e nenas de 12 a 18 anos. As viñetas deben versar sobre as mulleres na historia de Galicia. Aberto ata o 15 de abril.

LER MÁIS...


A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educativa do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscrición, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa".


Sabías que...

... ata o 6 de abril é posible facer inscricións fóra de prazo nas XXVI Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional a través do CMIX?

... ata o 31 de maio está aberto o prazo de inscrición para o concurso "Sensores para todos 2018"?

... en Semana Santa funcionará o Recuncho do xogo nos centros cívicos municipais, con actividades para nenos e nenas de 4 a 12 anos?

Ligazóns