Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Febreiro 2018 nº48
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamento do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
20/02/18 VIII Festival CinEOI Coruña 2018: amplíase o prazo de inscrición ata o 13 de abril
A data límite de recepción de curtas será o 13 de abril de 2018; de temática libre, cunha duración non superior aos 10 minutos e creadas e producidas en lingua galega (tamén poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI).

LER MÁIS...

16/02/18 Reunión coas familias seleccionadas e proba de inglés do programa Junior Year 2018-19
O luns 26 de febreiro ás 19:00 h haberá unha reunión coas familias seleccionadas no CCM Os Mallos e o mércores 28 de febreiro ás 18:30h no CCM Os Mallos farase a proba de inglés.

LER MÁIS...

12/02/18 Visita á planta nobre do Concello da Coruña
Ata o 28 de febreiro está aberto o prazo para que os centros soliciten a visita guiada para o alumnado de 4º de ESO. As visitas faranse os martes de marzo e abril de 9:30 a 10:30 h.

LER MÁIS...

23/01/18 A Coruña no Mundo - Proxecto Acoreuropa. O Concello oferta en febreiro 14 prazas para persoas tituladas en ciclos medios de FP para prácticas en empresas europeas de maio a agosto.
01/02/18 Aberto o prazo de inscrición para visitas á exposición "Muller tiña que ser!". Para a sede do Ágora, do 1 ao 22 de febrero, e para o Fórum Metropolitano, do 19 de febreiro ao 19 de marzo.
02/02/18 Entregáronse os diplomas do programa Educa Saúde. O xoves 1 de febreiro tivo lugar o acto de entrega, a cargo do alcalde da Coruña, da presidenta da Fundación María José Jove e da concelleira de Xustiza Social e Coidados.
ACTUALIDADE
20/02/18 Aberta ata o 28 de febreiro a convocatoria de eduMOTIVAcon 2018
O programa está dirixido a centros de ensino non universitario, e busca fomentar no alumnado valores positivos a partir da experiencia de persoas de recoñecido prestixio.

LER MÁIS...

13/02/18 Cursos en liña preparatorios para a obtención do Celga 4
A convocatoria de cursos preparatorios para obter os certificados de lingua galega inclúe por primeira vez teleformación para o Celga 4. Presentación de solicitudes ata o 26 de febreiro.

LER MÁIS...

30/01/18 Publicadas as guías de ciencia cidadá
As guías son documentos prácticos e sinxelos dirixidos á xente moza (12-15 anos) para ser traballadas nas aulas, acompañados polos seus mestres e mestras. Poñen o foco nos bens comúns fundamentais para o noso benestar como sociedades.

LER MÁIS...


A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educativa do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscrición, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa".


Sabías que...

... ata o 7 de marzo está aberta a convocatoria de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras?

... a Consellería de Cultura e Educación convocou as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018?

... a Fundación María José Jove convocou o V Concurso Anual de Creatividade Escolar, que está dirixido ao alumnado dos centros educativos que visiten a súa colección de arte?

Ligazóns