Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Decembro 2016 nº38
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamenteo do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
14/12/16 VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2016
O 15 de decembro, a partir das 18:00 h terá lugar no Teatro Rosalía de Castro o "VII Certame de Monólogos Cómicos en Galego 2016", organizado pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña

LER MÁIS...

01/12/16 ENCONTRO MAQUETEIRO dentro do Proceso Participativo "O noso patio"
O xoves 8 de decembro convocouse o ENCONTRO MAQUETEIRO dentro do Proceso Participativo "O noso patio" no CEIP Sanjurjo de Carricarte, coma unha xornada festiva para presentar as familias as maquetas do patio e ideas do alumnado e o profesorado.

LER MÁIS...

25/11/16 Espectáculos musicais e teatrais na Rede de Escolas Infantís
A rede de escolas infantís municipais gozou de varios espectáculos musicais e/ou treatrais nas súas instalacións a cargo de compañías da cidade

LER MÁIS...

15/12/16 Coruña de aventura. Visitas Escolares. Xa se pode consultar a planificación definitiva das visitas escolares que se levarán a cabo de xaneiro a xuño de 2017
29/11/16 Mercadiño solidario na EIM Carricanta. O 17 de decembro levarase a cabo o xa tradicional mercadiño solidario da EIM Carricanta desde as 10.30h ata as 14.00h. A recaudación irá destinada á Fundación 'Terra de Homes'
21/11/16 Unicef distingue á EIM Carricanta e á EIM Monte Alto dentro de Cidades Amigas da Infancia polos seus proxectos de boas prácticas
16/11/16 O programa Educasaúde durará ata o 20 de decembro. Publicadas as sesións dirixidas ás familias."
ACTUALIDADE
01/12/16 XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola
O premio é convocado polos Museos Científicos Coruñeses e o prazo para presentación de propostas estará aberto ata o 13 de xaneiro

LER MÁIS...

30/11/16 Programa Youtubeir@s
O concurso de vídeos na rede dará comezo o vindeiro 1 de decembro e o prazo de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Segundo se recolle nas bases -dispoñibles na web do concurso, www.youtubeiras.gal,- poderán presentarse todas as persoas maiores de 14 anos

LER MÁIS...

22/11/16 Xornadas de debate sobre comedores escolares
O GIEEA, en colaboración coa Confederación de ANPAS Galegas, coa Fundación Juana de Vega e coa UVigo, ten programado para o día 16 de decembro a celabración dunha Xornada de Formación e Debate sobre Comedores Escolares.

LER MÁIS...

30/11/16 Do, Re, Bip. Concertos didácticos organizados polo MAC
17/11/16 Programa 'Alcer 7 vidas' dirixido a nenos e nenas que cursen entre 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
17/11/16 Campamentos de Nadal 'Contos do revés' no Ágora e no Fórum Metropolitano
14/12/16 Desde a fundación Mª José Jove organizan un ano máis o Festival de Títeres, ofrecen unha ludoteca de nadal e presentan o proxecto A-prendarte dirixido a docentes e profesionais da educación

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educactiva do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos srán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educacativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscripción, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa"


Novas da cidade

Sabías que...?

...este ano o Nadal na Coruña será o máis responsable e respetuoso co medio ambiente pola utilización de luces de tecnoloxía LED de alta eficiencia?

...durante as festividades, a Praza de María Pita contará con actividades lúdicas moi variadas para nenos e nenas de todas as idades?

...poderemos gozar tamén dun mercado con postos de venda ambulante, os stands de Papá Noel e a proposta solidaria da Casa dos Xoguetes?

Ligazóns