Se tes problemas para ver este boletín, sigue esta ligazón
Cabeceira Abril 2016 nº31
BOLETÍN ELECTRÓNICO
O Servizo Municipal de Educación (SME) é o departamenteo do Concello da Coruña, responsable de exercer as competencias educativas municipais e de organizar a intervención de apoio á educación que se planifica desde a Concellaría de Xustiza Social e Coidados.
NOVAS DOS PROGRAMAS EDUCATIVOS MUNICIPAIS
19/04/16 Guía XOUP 2016
Con motivo da realización das XXIV Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, o Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña edita a Guía Ti Elixes! 2016 que consta dun directorio de fontes de información sobre emprego e educación na cidade e un directorio das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas

LER MÁIS...

29/04/16 Campionato Internacional de modelado 3D de precisión co teu móbil
Abertas as votacións para os modelos 3D máis populares até o 3 de xuño. Todas as persoas participantes nestas votacións abertas ao público en xeral e a través das que se busca achegar a ciencia á cidadanía, entrarán no sorteo de diversos agasallos.

LER MÁIS...

15/04/16 Inscrición na REIM
Aberto o prazo de inscrición na REIM ata o 6 de maio. Dispoñible toda a documentación necesaria do proceso

LER MÁIS...

13/04/16 Programas de seguridade
Aberto o prazo de inscrición para as charlas de prevención con motivo das festas de San Xoán. As charlas están dirixidas a escolares de 1º e 2ª da ESO dos centros públicos e concertados da cidade. O obxectivo é incidir nas recomendacións de seguridade necesarias ante a celebración das festas de san Xoan.

LER MÁIS...

28/04/16 XXI Día da Ciencia na Rúa 2016
Celébrarase o sábado 7 de maio, en horario ininterrompido de 11 da mañá a 7 da tarde, no Parque de Santa Margarita, organizada pola "Asociación de Amigos da Casa das Ciencias"

LER MÁIS...

20/04/16 Ampliado o periodo de inscrición do Programa Idiomas do Mundo ata o 29 de abril
14/04/16 O pasado 12 de abril, celeboruse no Ágora o III Festival de Curtas Opera Prima 2016, coa presenza da Concelleira Silvia Cameán. Pódese ver a galería de imaxes
ACTUALIDADE
26/04/16 Avaliación final de Educación Primaria
Regúlase a realización da avaliación final de Educación Primaria no ámbito de xestión do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

LER MÁIS...

25/04/16 Club de debate 2016
Este sábado 30 e abril, vai ter lugar a final galega do Club de Debate no Pazo da Cultura en Pontevedra. O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade organizado desde varios concellos. Está dirixido ao alumnado de 3.º e 4.º da ESO, 1.º de BAC e cursos equivalentes de ciclos formativos.

LER MÁIS...

21/04/16 Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016
Convócase o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/16

LER MÁIS...

26/04/16 Instrucións para o desenvolvemento da avaliación en educación primaria
26/04/16 Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-16
25/04/16 Convocatoria para o curso 2016/17 de autorización de novas seccións bilingües nos centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario
22/04/16 O prazo de presentación é ata o 28 de maio e poderá participar o alumado de Secundaria e de Bacharelato
21/04/16 Convócanse as bases para a selección de centros educativos que se incorporarán no curso 2016/17 ao proxecto experimental Educación dixital (E-DIXGAL)
25/04/16 Convocatoria para o curso 2016/17 de autorización de novas seccións bilingües nos centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario

A súa dirección de correo electrónico figura na lista de distribución do boletín de novas da Web Educactiva do Concello da Coruña. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos srán tratados de forma confidencial.
Pode darse de baixa en calquera momento accedendo á Web Educacativa (http://edu.coruna.es) e ingresando de novo o seu email no formulario de subscripción, pulsando a continuación o botón "Darse de baixa"


Día da Ciencia na Rúa 2016

Sabías que...?

... a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias leva celebrando esta xornada, na que a ciencia sae á rúa, desde o ano 1992?

... o próximo sábado 14 de maio, ofrécese tamén desde esta asociación, un paseo guiado primaveral polos Xardíns de Méndez Núñez?

... a xornada deste ano vai adicada ao profesor de ciencias Enrique Santillán, colaborador activo da xornada falecido este ano?

Ligazóns